Detido un veciño de Ribeira por traficar con drogas na Pobra, Boiro e Rianxo

13 Abril 2022


Garda Civil

Unha operación contra o tráfico de drogas desenvolvida no Barbanza acaba de culminar coa detención dun individo que, ao parecer, mantiña unha intensa actividade como camelo nas diferentes localidades desta comarca coruñesa.

Segundo informa a Garda Civil do Posto Principal de Boiro, o detido é un individuo veciño de Ribeira ao que se lle consideras presunto autor dun delito contra a saúde pública.

O operativo comezou o pasado mes de xaneiro cando “se tivo coñecemento por parte dos efectivos da mencionada Unidade da existencia dun home, veciño de Ribeira con antecedentes por feitos similares, que frecuentaba continuamente as localidades de Boiro, A Pobra do Caramiñal e Rianxo”, constatando que este home “relacionábase con outras persoas con antecedentes por tráfico e consumo de drogas sen que entre eles houbese ningún tipo de relación”.

No transcurso dun dispositivo, a Garda Civil interceptou ao agora detido “cando mantiña unha entrevista con outra persoa da localidade de Boiro, séndolle achadas ocultas no vehículo no que viaxaba un total de 38 dose de cocaína, preparadas para a suposta venda e consumo entre drogodependentes da comarca”. Así como 1625 € “froito das supostas vendas de droga realizadas”.

Desta forma, a Garda Civil procedeu á detención desta persoa como presunto autor dun delito contra a saúde pública, á incautación dos efectos atopados, así como do vehículo utilizado sendo postos a disposición xudicial do Xulgado de Primeira Instancia de Ribeira.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...