CONGALSA volve premiar os mellores pratos dos seus traballadores

29 Abril 2022

CONGALSA celebrou un ano máis o seu tradicional Concurso de Receitas, que xa chegou á súa terceira edición, o obxectivo renovado de “distinguir os mellores pratos elaboradores polos seus traballadores”. A xeito de novidade, a convocatoria deste ano incluíu unha categoría específica para enxalzar as receitas elaboradas con produtos da empresa. As outras tres modalidades foron as seguintes: mellor entrante, mellor prato principal e mellor sobremesa.

A este III Concurso de Receitas de Congalsa presentáronse 26 pratos diferentes nas devanditas modalidades.

Resultaron gañadores Andrés Mouzo, na categoría entrante, coa súa proposta de tataky guacamole; Irene Souto, autora do mellor prato principal: robaliza; Reyes Vidal; en categoría sobremesas (postres), con profiteroles de cardamomo e lemon curd; e de novo Andrés Mouzo, en receitas elaboradas con referencias da compañía, polo prato HojalBurguer.

Os prestixiosos chefs Kike Piñeiro e Eloy Cancela foron os encargados de seleccionar as propostas gañadoras. Os premiados poderán gozar dunha cea para dúas persoas no restaurante compostelán A Horta do Obradoiro.

Unha iniciativa que se consolida

A primeira edición deste concurso levouse a cabo en 2020 durante o confinamento, co espírito de promover accións de dinamización interna no marco do Proxecto Persoas de CONGALSA. “O certame acadou agora a súa terceira edición consolidado como unha das accións máis esperadas polo persoal que pode, deste xeito, desenvolver a súa creatividade culinaria”, destaca Isabel Cañas, directora de Relacións Externas da empresa. Este ano, ademais, por vez primeira con todas as propostas presentadas, CONGALSA editará unha publicación a modo de receitario.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.