Concellos do litoral galego rexeitan o convenio de Portos e afianzan o seu apoio ao colectivo da pesca recreativa

21 Abril 2022

Representantes das alcaldías de diversos concellos do litoral galego mantiveron unha xuntanza de traballo en Rianxo para aborda-la situación da pesca recreativa nas zonas portuarias. Concretamente, estiveron presentes os alcaldes e alcaldesas de Cariño, Camariñas, Fisterra, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, A Illa de Arousa, Cambados, Bueu e Moaña. Tamén estaban convocados os de Sada e Ribadeo, que, por motivos de axenda, finalmente non puideron asistir, pero que igualmente respaldan o presente comunicado.
O motivo deste encontro foi analizar conxuntamente o convenio que Portos de Galicia enviou a algúns dos concellos afectados e que consiste principalmente en asumir as tarefas vixilancia e sinalización das zonas nas que estaría permitida a pesca, ademais de asumir posibles responsabilidades patrimoniais derivadas do exercicio desta actividade. Valorouse como afecta ás competencias das Administracións locais, mais tamén ás persoas que practican a pesca como afección.
En primeiro lugar os rexedores e rexedoras quixeron amosar a súa postura unánime de apoio ao colectivo da pesca recreativa e o seu rexeitamento ao dito convenio o cal cualifican coma “imposto e innecesario”. Censuraron a falta de diálogo ao non contarse cos Concellos afectados para “resolver un problema que creou a propia entidade de Portos de Galicia” coa Resolución de 26 de xullo de 2021, razón pola cal
“debe ser este organismo público quen resolva o problema actual a través do diálogo co sector.” Sinalan tamén que o convenio é “ilegal” no que respecta ás competencias que pretende atribuír aos concellos, xa que son “impropias” e os consistorios non contan coa capacidade de “cumprir coas obrigas que tratan de impoñer.” Nesta mesma liña, coinciden en que tampouco poden asumir responsabilidades patrimoniais, que incluso puideran derivar en penais, que non lle corresponden aos concellos asumilas.
Acordouse tamén dar traslado da situación á executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) co obxectivo de que teñan coñecemento da mesma e transmitan así esta postura ao resto de termos municipais afectados.
Ademais, anuncian que seguirán traballando conxuntamente no relativo a Portos de Galicia, xa que afirman que “este grupo de Concellos ten vontade de continuidade.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

Este ano de 2024 celebramos meio século dende aquele Abril dos Cravos, Portugal era uma ditadura, os jovens capitães rebelaram-se e tomaram o poder, sendo um exemplo global ao entregar o poder ao povo.O contra-sinal do levante era “E depois doa deus”, depois a...