Chegan a Compostela a vintena de camiñantes ribeirenses tras completar o Camiño “A Orixe”

24 Abril 2022
c

A expedición ribeirense que o pasado 6 de febreiro iniciou no faro de Corrubedo o Camiño de
Santiago do Barbanza ‘A Orixe’ acaban de completar o percorrido coa súa chegada esta mañá á praza de Completela ca capital galega.
Foron unha vintena os andaríns que culminaron o traxecto ata a cidade compostelá: entre eles, os concelleiros Juana Brión e Víctor Reiriz. Ao finalizar exhibiron unha pancarta elaborada para a ocasión
coa grafía distintiva tres letreiros turísticos dispostos nas rotondas de Xarás e da avenida da Coruña e no arranque do paseo do Touro.


Os camiñantes realizaron as etapas aproveitando os domingos de varios fins de semana ao longo destes dous meses e medio. Despois da primeira etapa efectuada o citado 6 de febreiro (Corrubedo-Capela
da Guía), fixeron a segunda o 20 de febreiro (aya a Igrexa de Santa María na Pobra), a terceira o 6 de marzo (ata a Igrexa de San Vicenzo de Cespón en Boiro), a cuarta o 20 de marzo (ata o Quintáns
en Rianxo) e a quinta o 27 de marzo (ata Padrón). A sexta e última dividírona en dous tramos o pasado 3 de abril e no día de hoxe.
Nalgunhas das andainas os expedicionarios estiveron acompañados de representantes da Asociación de Amigos de Camiño de Barbanza A Orixe (entre eles, o seu presidente Manuel Mariño). Así mesmo,
tamén estiveron a exhibir bandeiras coas cores de Ucraína en apoio aos habitantes deste país ante a invasión rusa.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...