Aumentan a 562 os pacientes Covid en Galicia e descenden a uns 11.500 os casos activos. Un novo falecido na área sanitaria

11 Abril 2022

A cifra de mortes na comarca da Barbanza pola covid elévase xa a 454 o falecer unha muller de 91 anos e tamén aumentan os ingresos con 78 enfermos hospitalizados dous novos e catro deles están no Hospital Comarcal da Barbanza.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.506 deles 2.214 son da área da Coruña, 1.616 da de Lugo, 1.425 da de Ourense, 1.260 da de Pontevedra, 2.175 da área de Vigo, 1.751 da de Santiago e 1.052 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 548 en unidades de hospitalización e 10.944 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 545.152 persoas curadas, rexistrándose 3.254 falecementos.

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 7 de abril:
Home de 85 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Home de 95 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
Muller de 88 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Día 8 de abril:
Home de 95 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Home de 78 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
Muller de 91 anos, na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

Día 9 de abril:
Home de 93 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Muller de 74 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Día 10 de abril:
Muller de 89 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
Home de 88 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Home de 82 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 3.809.385.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.638.518.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 881 54 00 45 para covid-19

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.