As estradas galegas pechan a Semana Santa con tres vítimas mortais, unha máis que na última campaña prepandemia

As estradas galegas pecharon a OPERACIÓN ESPECIAL DE TRÁFICO DE SEMANA SANTA CON TRES VÍTIMAS MORTAIS, as mesmas que o ano pasado e unha máis que na última campaña prepandemia, a de 2019. O tráfico aumentou no noroeste da península Ibérica ata un 11% en momentos puntuais da
Operación Saída con respecto ao último exercicio antes da pandemia.

Os tres falecementos rexistráronse na provincia da Coruña.
Dous deles foron por atropelo: unha muller de 82 anos na Laracha e outra de 71, en Cabanas. O terceiro sinistro mortal cobrouse a vida dun mozo de 19 anos tras unha saída de vía nunha travesía de Carballo.
Galicia sumou 267 accidentes, dos que 60 tiveron feridos leves, 4 feridos graves e 3, vítimas mortais.

O delegado do Goberno, José Miñones, fixo balance da OPERACIÓN ESPECIAL DE SEMANA SANTA DA DIRECCIÓN XERAL DE TRÁFICO EN GALICIA, que en momentos puntuais superou o nivel de intensidade da última campaña previa á pandemia. Por exemplo, o venres día 8, ao comezo da Operación Saída, o tráfico foi un 11,61% máis intenso que o Venres Santo de 2019.

26 persoas perderon a vida nas estradas galegas no que vai de ano e que o obxectivo é chegar ás
cero vítimas.

A GARDA CIVIL DE TRÁFICO Despregou UNS 560 AXENTES EN GALICIA ESTA SEMANA SANTA E Efectuou MÁIS DE 1.600 DISPOSITIVOS de control para garantir a boa marcha desta operación, na que tamén se mobilizaron todos os recursos do Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste.

Delegado Tráfico