APD e Amicos organizan un encontro centrado na xestión da diversidade na empresa

27 Abril 2022

A Asociación para o Progreso da Dirección (APD) e a asociación do Barbanza Amicos organizan este xoves 28 de abril o encontro Xestión da diversidade: unha oportunidade de cambio para as empresas. Será no Hotel A Quinta da Auga, en Santiago de Compostela.

A apertura virá da man de Ana Sánchez, directora da zona noroeste de APD e Xoán España, director xeral da Asociación Amicos.

Ao longo da mañá desenvolveranse diferentes intervencións desde o punto de vista da vantaxe competitiva que supón contar cun plan de diversidade e inclusión na empresa con Ana Fernández, socia responsábel de diversidade en KPMG España. Deseguido celebrarase un diálogo sobre a diversidade na axenda do CEO (o director executivo dunha empresa) con Rubén Martínez, director xeral para España e Portugal de Howden Artai e Tatiana Suárez, directora de persoas e sustentabilidade en Grupo Aluman.

O encontro concluirá cunha mesa de debate dedicada a coñecer diferentes casos de éxito de empresas galegas. Moderada por Ana Sánchez, directora da zona noroeste de APD, participarán Paloma Merino, directora de organización e persoas na empresa tecnolóxica Emetel; Laura Vergara, responsábel da Oficina de Desenvolvemento e Benestar no Grupo Castrosúa; Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais no grupo boirense JEALSA e Paul Tran, director de persoas e tecnoloxía en Hijos de Rivera.

Esta sesión desenvólvese dentro do 20º Aniversario da Zona Noroeste de APD. Vinte anos nos que a asociación leva traballando no territorio para o desenvolvemento e a mellora da calidade directiva de Galicia.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.