Aberta en horario de tarde a exposición sobre os 20 anos do filme “O bosque animado” na Casa Mariñeira pobrense

26 Abril 2022

A Casa Mariñeira da Pobra do Caramiñal alberga dende inicios do mes de abril unha exposición sobre o
filme O bosque animado. Sentira-la súa maxia, que impulsa a Deputación da Coruña e que chega á localidade coa colaboración da Concellaría da Normalización Lingüística, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG).
A dita mostra permanecerá nas instalación municipais ata o día 28 de abril e pódese visitar dende hoxe mesmo tamén en horario de tarde: concretamente, dende as 17.00 ata as 20.00 horas.
Componse dunha serie de paneis con debuxos e textos explicativos sobre o proceso de elaboración desta cinta e materiais orixinais que en 2021 celebrou os vinte anos da súa estrea, que tivo lugar no 3 de agosto de 2001 na Coruña. A longametraxe é unha adaptación libre da novela homónima de Wenceslao Fernández Flórez e eríxese como a primeira película de animación integramente en 3D producida fóra dos Estados Unidos e feita en galego por parte de Dygra Films.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...