A XXXV Marcha Popular do Barbanza terá lugar no 8 de maio

21 Abril 2022

O miradoiro da Curotiña converterase no 8 de maio en punto de partida da XXXV Marcha Popular
do Barbanza que discorrerá ao longo de 19 quilómetros por distintas paisaxes da serra ata concluír nos castros de Baroña. A hora de saída prevista establécese nas 10.15 horas e a de meta nas 18.30 horas, con
parada para o xantar. Ademais, habilítase un autobús para o traslado das persoas participantes, tanto para a ida coma para a volta. Establécese como lugar de encontro o aparcadoiro situado fronte á praza de abastos, ás 09.45 horas.
Trátase dunha cita deportiva que organiza a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza coa colaboración da Protección Civil pobrense.
A inscrición é de balde e pode formalizarse ata as 14.30 horas do 5 de maio nas oficinas dos Deportes do Concello, situadas na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler, dende as 09.30 ata as 14.30 horas, ou mediante os teléfonos de contacto 981832590, 981831545 e 619229946.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

Saímos de Lisboa e rumamos para o berço, a fonte, onde o destino fez chegar aqui onde a memória está presente. “Meus senhores, como todos sabemos, existem diferentes tipos de Estado. Os estados socialistas, os estados capitalistas e o estado a que nos referimos....