A Policía Local da Pobra participa nunha campaña de vixilancia e control do cinto de seguridade e sistemas de retención infantil

04 Abril 2022

A Policía local da Pobra do Caramiñal participa entre os días 4 e 10 de abril nunha campaña de vixilancia e control do cinto de seguridade e sistemas de retención infantil (SRI) en diferentes vías do termo municipal co obxectivo de inculcar a súa eficacia, tanto en persoas adultas coma en menores.

Neste senso, os e as axentes do corpo policial situaranse en diversos puntos do termo municipal para comprobar o emprego do cinto de seguridade entre condutores e ocupantes de vehículos e, para nenos e nenas cunha estatura inferior a 1’35 metros, o sistema de retención infantil. Ademais, estes dispositivos deberán estar homologados e ben ancorados. Farase así unha especial inspección na contorna dos centros educativos.

Promovida pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a dita acción súmase á súa vez á organizada por ROADPOL (Rede Europea de Vixilancia de Estradas) que, dentro do espazo da Unión Europea, quere incidir na importancia básica destes sistemas de retención.

Outros artigos

Arrinca a campaña “De Pobra a Portosín, tapeando polo mar”

Este venres 16 de maio arrancou a iniciativa De Pobra a Portosín, tapeando polo mar, organizada polas asociacións de empresarios da Pobra e Azul de Portosín e a de hostalería de Ribeira, coa finalidade de poñer en valor os produtos do mar da zona, dinamizar o comercio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Le vi triste, bajo un árbol” – Manuel Domínguez

“Le vi triste, bajo un árbol” – Manuel Domínguez

No era un día máis Yo le vi triste, bajo un árbol, a la sombra que este le regalaba. Hacia calor, mucho calor, le compre un helado de hielo, se lo pase por la boca y lo disfrutaba. Le pregunte que se volviera conmigo, no quiso, digo que sus amigos volverían por él...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.