A Pobra recada 2.000 euros nos actos solidarios a favor da Ucraína

11 Abril 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal e o tecido asociativo local recadaron 2.000 euros nas actuacións solidarias co pobo ucraíno organizadas nas pasadas fins de semana, durante as cales foi habilitada tamén unha fila 0 para aquelas persoas que non puideron asistir, pero desexaban igualmente facer a súa contribución.

A edil da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), explica que estes fondos irán destinados a organizacións especializadas que traballan sobre o terreo para contribuír á adquisición dos recursos que se precisen, seguindo así as recomendacións de diversas entidades.

Os actos tiveron como epicentro o teatro cine Elma co festival tradicional ofrecido por Arrancadeira, Eiradela, Xiada, Caramiñas, Trécola e Caraveiros (no día 2); coa representación da peza teatral Un convento moi contento, da man da Asociación Amas de Casa (no día 3); e co festival de bandas a cargo da Banda da Escola de Música da Pobra e a Banda Ateneo Musical da Pobra (no día 9).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.