A Pobra participa con seis prazas nos campamentos Deportivos de Verán provinciais

12 Abril 2022

A Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra),
participa no programa dos Campamentos Deportivos de Verán impulsado pola Deputación da Coruña. Desenvolverase no IES Rosalía Mera, na cidade herculina, e está dirixido a crianzas de toda a provincia con idades comprendidas entre os 9 e os 14 anos, inclusive.
Á Pobra concedéronlle seis prazas correspondentes coa quinta quenda, que transcorrerá do día 24 ao 29 de xullo para rapaces e rapazas empadroados/as no concello.
O documento de preinscrición xa está ao dispor na páxina web www.apobra.gal e deberase entregar debidamente cuberto no rexistro do Concello. O prazo de presentación estenderase do día 13 de abril ao 20 de maio.
Terá preferencia a rapazada que non tomase parte en ningunha campaña de verán previa da institución provincial. No caso de recibir máis solicitudes ca prazas concedidas, farase un sorteo público no salón de
plenos do Concello e as persoas admitidas serán avisadas por teléfono para, ademais, indicárlle-la documentación que cómpre presentar para confirma-la praza. A cota de participación estipúlase nos 85 euros, contía que non se debe aboar ata que a Administración local confirme a praza.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...