A Pobra inaugura a exposición que celebra o 20 aniversario da estrea de “O Bosque Animado”

07 Abril 2022

Este xoves 7 de abril recalou na Pobra do Caramiñal a exposición sobre o histórico filme galego O bosque animado, baseado no libro de Wenceslao Fernández Flórez, que impulsa a Deputación da Coruña e que chega á localidade da nosa comarca coa colaboración da Concellaría da Normalización Lingüística.

Con esta mostra celébrase o vinte aniversario da estrea do filme, que tivo lugar no 3 de agosto de 2001 na Coruña. A longametraxe é como dixemos unha adaptación libre da novela homónima de Wenceslao Fernández Flórez e eríxese como a primeira película de animación integramente en 3D producida fóra dos Estados Unidos e feita en galego por parte de Dygra Films.

A exhibición componse dunha serie de paneis con debuxos e textos explicativos sobre o proceso de elaboración desta cinta e materiais orixinais. As visitas pódense efectuar na Casa Mariñeira, situada na contorna do parque do Castelo, ata o 28 de abril, de luns a venres, dende as 09.30 ata as 14.30 horas. Ademais, no Xoves e Venres Santo (días 14 e 15) habilítase o horario de 10.00 a 14.30 e de 17.30 a 19.30 horas; así como no Sábado e Domingo de Pascua (días 16 e 17), de 10.00 a 14.30 horas.

Ao acto de inauguración asistiron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); o concelleiro da Normalización Lingüística, Xabier Santos (BNG); o deputado provincial Xosé Penas; e o director do filme, Manolo Gómez; así como membros da Corporación municipal e veciñanza que se quixo achegar.

Posteriormente, o Teatro Cine Elma foi escenario da proxección do referido filme, a cal contou coa presenza dun dos directores da cinta, Manolo Gómez, quen, ao longo da mañá, tamén impartiu formación sobre a produción, a ilustración da natureza e o cine a alumnado de centros educativos da Pobra e de Ribeira.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...