A Pobra impulsa un curso de operacións básicas en cafetaría e bar

18 Abril 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal presentou este luns 18 de abril os detalles do curso de operacións básicas en cafetería e bar que se pon a disposición da veciñanza, co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade. Segundo fixeron saber a edil de Desenvolvemento Local Amparo Cerecedo (BNG) e a orientadora laboral do Concello, Blanca Álvarez, o curso é froito de conversas mantidas co sector da restauración, coa finalidade de avaliar as súas necesidades principais. Cerecedo e Álvarez engadiron que con este curso búscase “crear un novo mecanismo de cualificación laboral que redunde nunha mellora da formación e da empregabilidade”.

Consta de 39 horas lectivas e as clases impartiranse do día 9 ao 26 de maio, de luns a xoves, en horario de 18.00 a 21.00 horas, nun establecemento hostaleiro da localidade. A materia divídese en dúas partes: unha específica de camareiro/a e outra de manipulación de alimentos.

Ademais, existe un compromiso de contratación, polo cal, das 12 persoas participantes, 4 comezarán a traballar unha vez finalizada a formación.

As persoas interesadas dispoñen dende o día 19 ata 25 de abril para se inscribiren a través do rexistro do Concello, tanto físico coma telemático, onde está á disposición o documento de solicitude. Tamén será preciso achega-la copia do DNI. As prazas cubriranse pola orde de entrada.

Para máis información habilítase o teléfono de contacto 981377610.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.