A Deputación redobra a súa aposta polo emprego co programa PEL de meirande orzamento inicial da historia

11 Abril 2022

A Deputación da Coruña presentou este luns 11 de abril a nova convocatoria de axudas do seu Plan de Emprego Local, o PEL-2022. Un dos puntos máis destacados do novo plan é sen dúbida o seu orzamento inicial, que este ano é de 7.260.000 euros para apoiar a contratación de persoal, a realización de investimentos nos negocios e a sufragar os custos das cotas á Seguridade Social por parte dos autónomos. De feito, todas as liñas de axudas PEL ven incrementado o seu orzamento inicial nesta nova edición.

Os datos foron achegados polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso e o deputado responsábel da área de Emprego, José Ramón Rioboo. “Estamos ante o PEL cun maior orzamento inicial”, afirmou Valentín González Formoso, que explicou que o PEL 2022 incrementa nun 38% o orzamento con respecto ao pasado ano e, polo tanto, “permitirá seguir creando emprego e impulsar con axudas de entre 1.200 e 45.900 euros a reactivación económica, o pequeno comercio, as persoas autónomas e microempresas nun contexto económico complexo e adverso”.

Formoso explicou que, dos 7,2 millóns de orzamento do PEL, 3,5 destinaranse a subvencionar a contratación e ao mantemento de persoas traballadoras, 2,76 millóns a novos investimentos en pequenas empresas de recente creación e 1 millón á liña PEL-Autónom@s que, segundo fixo saber, “tivo unha grande demanda no seu primeiro ano, polo que en 2022 ve duplicado o seu orzamento”.

Unha aposta transversal de 100 millóns nun período de seis anos

O presidente explicou que o PEL é unha aposta transversal do Goberno da Deputación ao que se destinaron 100 millóns de euros nos últimos seis anos. “Grazas a este investimento sen precedentes na área de emprego, nos 6 anos transcorridos desde a creación do PEL, a Deputación axudou a crear 4.500 empregos, apoiou a 3500 empresas e creou unha rede de provincial de espazos de coworking que xa conta con once centros en funcionamento”, engadiu.

Estimacións actuais

As estimacións do Goberno provincial son que as axudas á contratación permitan crear 300 empregos este ano, que máis de 500 persoas autónomas poidan acceder á subvención das cotas da Seguridade Social durante un ano e que máis de 400 pemes reciban o apoio económico da Deputación para investimentos que melloren a competitividade dos seus negocios.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.