A Deputación adxudica 6 prazas a Rianxo para os seus Campamentos Deportivos de Verán

20 Abril 2022

A Deputación da Coruña adxudicou 6 prazas ao Concello de Rianxo para participar nos seus Campamentos Deportivos de Verán 2022, dirixidos a rapazada de entre 9 e 14 anos (nadas/os entre o día 1 de xaneiro de 2008 e 31 de decembro de 2013), e que estea empadroada nun concello da provincia da Coruña. A quenda de Rianxo (a quinta) será entre o 24 e 29 de xullo. As inscricións poden facerse até o 20 de maio. No caso de Rianxo haberá que formalizalas na Oficina do Servizo de Deportes, por teléfono (981 866 381 – 661 247 136) ou través da conta deportes@concelloderianxo.gal.

O centro de operacións será o Centro Rosalía Mera da Coruña.

Terá preferencia o rapaz que non participase no campamento deportivo da Deputación en edicións anteriores. Realizarase o sorteo, no caso de ser preciso, nos dous días seguintes á finalización do prazo de inscrición.

O programa inclúe actividades náuticas, deportes ao aire libre, xornada de praia, actividades no Centro Rosalía Mera (A Coruña), visitas culturais, deportivas e etnográficas a diferentes emprazamos de interese da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.