A conmemoración dos 20 anos do filme “O bosque animado” chega á Pobra

05 Abril 2022

No 3 de agosto de 2001 tivo lugar na Coruña a estrea de O bosque animado. Sentirás a súa maxia, a
primeira longametraxe de animación integramente en 3D producida fóra dos Estados Unidos e feita en galego por parte de Dygra Films. A película é unha adaptación libre da novela homónima de Wenceslao Fernández Flórez.
No 2021 cumpríronse vinte anos da súa estrea, polo que dende a Deputación da Coruña se organizan unha serie de actividades para conmemorar este fito. Coa colaboración da Concellaría da Normalización
Lingüística, na Pobra do Caramiñal desenvolveranse nesta semana unha serie de propostas.
Así, no 7 de abril, ás 17.30 horas, terá lugar a inauguración dunha exposición con materiais orixinais sobre o filme. Será na Casa Mariñeira, situada na contorna do parque do Castelo, e a entrada é libre ata
completa-la cabida. Intervirán o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); o concelleiro da Normalización Lingüística, Xabier Santos (BNG); o deputado provincial Xosé Penas; e o director da longametraxe, Manolo
Gómez.
Ademais, o teatro cine Elma será escenario nesa mesma xornada da proxección da referida peza audiovisual coa presenza do director. Será ás 18.30 horas e non se require inscrición previa.
A maiores, impartiranse talleres a alumnado do IES da Pobra do Caramiñal da man de profesionais sobre a produción, a ilustración da natureza e o cine.

Outros artigos

Padrón fártase do lixo do mercado dominical

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, anunciou este xoves 22 de maio a intención do Goberno local de someter á consideración do pleno a actualización da taxa por ocupación da vía pública. “Padrón non pode seguir tolerando o abandono de lixo na vía pública por parte de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.