Un matrimonio foi trasladado polos servizos sanitarios ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de gas en Padrón

16 Marzo 2022
Dous adultos tiveron que ser trasladados en ambulancia ao centro hospitalario de referencia despois de presentar síntomas de intoxicación por inhalación de monóxido de carbono, en Padrón. Ademais, segundo a información recibida no 112 Galicia, unha filla deste matrimonio tamén acudiu polos seus propios medios a centro sanitario.

O suceso tivo lugar ás 16:15h, foi a esa hora cando o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta dunha persoa particular que indicaba que a súa dona sufrira un esvaecemento no seu domicilio, situado na Rúa do Pérsico.

A partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro, do persoal do GES de Padrón, da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil.

Xa no lugar, os mesmos profesionais sanitarios tras detectar unha alta concentración deste gas no domicilio, procederon a ventilar a vivenda.

Finalmente, nada máis rematar a súa intervención, os bombeiros confirmaron o traslado das dúas persoas afectadas, así indicaron ao 112 Galicia que, posiblemente, a mala combustión do quentador de gas puido ser orixe do suceso. Por ese motivo, o 112 Galicia deu conta dos feitos ao persoal da empresa subministradora do gas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

En el turismo hay una característica administrativa que hace muy peculiar a Galicia: la dependencia directa del Presidente, y así ha sido con Manuel Fraga y los es con Alfonso Rueda. Desde que el León de Vilalba, un hombre que puso a la España autárquica de Franco en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.