Política Lingüística e AGADEA impulsan o I Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer

24 Marzo 2022

Este 24 de marzo presentouse en Compostela o I Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer, convocado pola asociación AGADEA Alzhéimer co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, entre outras institucións.

O premio, de carácter anual, parte da inspiración dunha obra pioneira no mundo do alzhéimer en Galicia (Chamádeme Simbad, 2009), de Francisco Castro, e pretende “sensibilizar a cidadanía sobre esta enfermidade e outras doenzas varias que implican a deterioración cognitiva e a perda de memoria e da identidade”. De xeito complementario, é un convite a reflexionar nos estigmas que rodean este colectivo “a través da palabra literaria en lingua galega”.

Na presentación participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen saudou esta nova iniciativa que promove a literatura en galego dirixida ás persoas máis novas e indicou que este premio, “alén de alentar o traballo dos creadores na lingua galega, busca en última instancia establecer pontes de entendemento e de solidariedade entre as xeracións máis vellas, que son as que sofren dunha maneira máis acusada as doenzas coma o alzhéimer, e os nenos e nenas, futuro e presente da nosa sociedade e da nosa lingua, a quen os textos deste certame estarán dirixidos”.

Canda o secretario xeral de Política Lingüística tamén participaron nesta presentación, que acolleu a Biblioteca Púbica de Santiago Ánxel Casal, Isabel Gey Pérez, presidenta de Agadea, e Francisco Castro Veloso, escritor e presidente ad honorem do premio.

Segundo fixeron saber, as persoas interesadas deben ser maiores de 18 anos e poderán enviar os seus orixinais inéditos desde hoxe ata o 15 de agosto. A temática das obras -que poderán ser novela, poesía, álbum ilustrado ou novela gráfica- terá que estar relacionada co alzhéimer, coa memoria e os recordos, coa sensibilización das demencias, coas persoas maiores, coas actividades entre xeracións, coas persoas coidadoras ou demais temáticas darredor destas doenzas.

O gañador, que recibirá 3.000 euros, así como a posibilidade de ver publicada a súa obra, será anunciado o 21 de setembro co gallo do Día Mundial do Alzhéimer. As bases completas da convocatoria e o proceso de participación poderán consultarse no Portal da Lingua Galega.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...