O Goberno da Pobra presenta a ordenanza municipal de circulación

30 Marzo 2022

O Goberno municipal da Pobra do Caramiñal levará ao pleno ordinario do día 31 de marzo a ordenanza de circulación, presentada este mércores polo alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e polo concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra). O regulamento pon o foco en facer fronte á crecente carencia de espazo público de estacionamento e, segundo fixo saber o rexedor, “á proliferación de innovadores sistemas de mobilidade persoal cuxo encaixe no actual sistema circulatorio debe encararse mediante unha normativa municipal”. Tamén persegue afrontar o desafío dunha maior preponderancia dos viandantes respecto do vehículo no centro das cidades e vilas, así como a influencia deste factor na seguridade viaria.

Entre os principais puntos de actuación atópase a regulación de zonas azuis (período máximo de estacionamento dunha hora e media) e zonas rápidas ou expres (máximo 15 minutos), que se controlarán mediante novas tecnoloxías, disco-comprobante-horario ou tícket; as zonas peonís; os vaos permanentes e temporais; as zonas verdes (estacionamento exclusivo para residentes, cuxo control efectuarase a través dunha tarxeta e aplicarase nalgunhas áreas durante todo o ano ou en tempada estival); as normas de circulación de vehículos de mobilidade persoal; e inclúense, ademais, as infraccións e sancións.

O rexedor explicou que “esta ordenanza recolle as solicitudes da veciñanza e, trala publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), disporase de 20 días hábiles para formular as alegacións que se consideraren oportunas. O documento pódese consultar na sede electrónica da Administración local”.

A aprobación definitiva someterase ao pleno ordinario do mes de maio.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.