O Fondo Galego de Cooperación organiza este martes un webinar para axudarnos a canalizar do mellor xeito a axuda a Ucraína

14 Marzo 2022

Mentres a invasión rusa de Ucraína faise cada día máis dramática e virulenta, medra a solidariedade do pobo galego en cóntanse por milleiros as familias que queren axudar pero teñen dúbidas sobre como facelo, entre outras cousas pola gran cantidade de iniciativas a título individual que se están a levar á práctica.

Así, co obxectivo de resolver todas as dúbidas sobre o mellor xeito de canalizar a solidariedade co pobo ucraíno e de frear o que as ONG da nosa terra cualifican de “malas prácticas detectadas tanto no envío de axuda humanitaria como na acollida das persoas refuxiadas”, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organiza este martes 15 de marzo ás 12 horas un webinar informativo no que representantes de tres organizacións que están a traballar sobre o terreo contarán as súas experiencias e achegarán diversas claves prácticas para axudarnos a materializar o noso apoio do mellor xeito posíbel. Trátase de Juan Redondo, Cruz Vermella Española en Galicia, Susana Fernández, do Movemento pola Paz -MPDL- Galicia, e Beatriz Villarquide e María Gento, ambas de Farmacéuticos Mundi (Farmamundi). As inscricións para participar no seminario en liña pódense facer xa na Rede.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.