O Concello de Outes destinará este ano máis de 500.000 euros a obras no rural

18 Marzo 2022

O Concello de Outes está a executar diversas obras de mellora en varios núcleos rurais do municipio. Nos últimos días rematáronse melloras nos interiores dos lugares de Filgueiro e Cuns, na parroquia de Cando, así como no lugar de Cures, na parroquia de Outes.

Estas actuacións están financiadas con recursos do POS+2021 e valoradas en perto de 45.000 €. Nos vindeiros días comezarán as obras de mellora dos interiores nos lugares de Carleo e Cambeiro, financiadas tamén co mesmo plan, e que ascenden a 56.000 €. Posteriormente levaranse a cabo actuacións tanto na parroquia de Valadares (interiores de Xendil e camiño de Lestaio a Terelle) como en San Lourenzo e Santo Ourente (nos lugares de Cabanamoura, Diz e Quintela).

Amais, dende o Concello indicaron que nos vindeiros días adxudicaranse obras de mellora nos lugares de Brión de Arriba e Viro, na parroquia de Roo, que inclúen tamén dúas actuación na parroquia de San Cosme de Outeiro, concretamente nos lugares de Gulfián e Rates, e que contan cun orzamento de algo máis de 90.000 €.

Dende o Consistorio tamén indican que se atopan en proceso de licitación as obras nos interiores de Mosteiro, no lugar do Freixo, así como as beirarrúas que comunican o porto do Freixo coa estrada AC-550, e que contan cun orzamento de 70.000 €.

O alcalde, Manolo González, sinalou que manter coidados os núcleos rurais así como o mantemento de infraestruturas son prioridades do seu Goberno. Sinalou ademais que o Concello realiza “un importante esforzo neste sentido, xa que as necesidades son moitas ao contar Outes con máis de 100 núcleos de poboación e 600 quilómetros de estradas de titularidade municipal”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.