O Colexio de Biólogos estrea a súa formación práctica en naturalismo no Parque Natural de Corrubedo

01 Marzo 2022

O Parque Natural de Corrubedo será o escenario práctico do primeiro curso de iniciación do naturalismo, que organiza o Colexio Oficial de Biólogos e no que colabora a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Trátase dunha actividade gratuíta, aberta o público en xeral e que contará unha parte teórica, de 7 horas de duración, e outra práctica, que se desenvolverá no parque de Corrubedo, o domingo 13 de marzo.

A Consellería explica que “as persoas interesadas en participar nesta actividade accederán a coñecementos sobre a observación da natureza, no só sobre os materiais e equipo básicos necesarios, senón tamén sobre os trazos de campo a considerar para identificar as especies de fauna e flora”. Tamén se lles informará e formará nas distintas aplicacións para o rexistro da información recollida nas saídas de campo.

A parte teórica celebrarase o 12 de marzo no Centro cultural Lustres Rivas, no concello de Ribeira, e ao día seguinte, o domingo, os participantes desprazaranse ata Corrubedo coa finalidade de poñer en práctica os coñecementos adquiridos na xornada anterior.

As persoas interesadas en participar nesta actividade formativa e de educación ambiental deben enviar un correo electrónico, con seus datos persoais e de contacto, ao enderezo ecoplanin@gmail.com.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.