O CIM de Outes achega actividades de conciliación vacacional a través do Campamento Tempo de Pascua

31 Marzo 2022

O Concello de Outes, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), quere convidar a todas as nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 anos (escolarizados) e os 12 a participar no Campamento Tempo de Pascua, abeirado ao programa Outes Concilia. Desenvolverase os días 11, 12, 13 e 18 de abril, en horario de 8:00 a 16:00 horas, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes. O obxectivo é achegar alternativas de lecer e actividade creativa á rapazada e ás familias en xeral durante o período de vacacións. O prazo de inscrición é do 30 de marzo ao 5 de abril. As prazas son limitadas.

O Concello engadiu que “as familias poderán facer uso do servizo en función das súas necesidades, permitindo a entrada e saída flexíbeis”. Iso si, para o bo desenvolvemento das actividades programadas, recoméndase a aquelas nais e pais que non vaian a facer uso do horario completo do campamento, incorporar ás súas crianzas ao mesmo sobre ás 10:00 h fixar a saída a partir da 13:30 horas.

As nenas e nenos terán opción de almorzar e xantar no servizo, sendo as familias as encargadas de aportar os alimentos en termos e neveiras. O prezo público establecido na ordenanza reguladora corresponde e ascende a 15 euros o total do campamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.