O BNG de Outes cualifica de “inviábel” o proxecto de solo industrial proposto polo Goberno local

28 Marzo 2022

A voceira municipal do BNG en Outes, María Xosé Suárez Castro, compartiu nas redes o seu posicionamento sobre a proposta de solo industrial que vén de presentar o Goberno local de Manuel González. No vídeo publicado, a agrupación nacionalista critica o plan municipal e considérao “inviábel”.

Tamén lembra que no seu día o BNG advertira que o terreo escollido tiña afectación de Costas, cousa que vén de confirmarse. “Aínda así, o Concello segue a apostar por esta localización, o que lle obrigaría, para cumprir os requirimentos dos informes de Costas, á adquisición do dobre de terreo e a deixar un pulmón verde, mentres a edificabilidade, de 81.000 metros cadrados, queda igual”. Suárez di que é “un gasto innecesario para a veciñanza de Outes, xa que mercarán terreos que terán a monte e que haberá que manter”.

Ademais, o BNG sostén que non hai información concreta sobre o que vai pasar coa rede de saneamento. Nós, dixo, “temos serias dúbidas sobre a capacidade da depuradora da Serra para asumilo”. A agrupación tamén critica que non se saiba que pasar coa rede viaria para dar saída e entrada ao novo polígono. E concluíu: “Sabemos que este parque é necesario, pero é importante traballar tamén noutras opcións”.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...