O 50 aniversario da Casa de Rosalía chega á Pobra mediante unha exposición

28 Marzo 2022

A historia da casa da Matanza chega á Pobra do Caramiñal cun formato de exposición itinerante baixo o nome A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía, comisariada por Pepe Barro, e que permanecerá na praza do Emigrante ata o día 5 de abril. Coa dita iniciativa búscase pór en valor a recuperación e musealización do inmoble en pleno franquismo ao tempo que se fai un repaso pola súa historia dende que abriu ao público no 15 de xullo de 1971.
O concelleiro da Normalización Lingüística, Xabier Santos (BNG); a deputada provincial da Normalización Lingüística, María Muíño; e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, foron as
persoas encargadas de efectua-la inauguración nun acto que contou coa asistencia de membros da corporación municipal e alumnado de 6° da primaria do CEP Salustiano Rey Eiras para, posteriormente, desfrutar dunha visita guiada teatralizada para a cal se contou coa actriz Tero Rodríguez, metida na pel de Rosalía de Castro.
A mostra atópase estruturada en seis capítulos: A Casa e o tren; Rosalía na Casa; Unha Casa para Ela; A causa da Casa; O Padroado da Casa e Toda Galicia con Ela. Ofrécese así un repaso pola vida da intelectual galega nesta edificación e todo o que supón a Casa-Museo. De feito, no último dos capítulos afóndase na participación de numerosas persoas e entidades para converter en todo un símbolo o lugar onde Rosalía de Castro pasou os últimos anos da súa vida, entre eles, A Pobra do Caramiñal que, no 1975, fixo unha achega económica de 5.000 pesetas.

Outros artigos

Padrón fártase do lixo do mercado dominical

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, anunciou este xoves 22 de maio a intención do Goberno local de someter á consideración do pleno a actualización da taxa por ocupación da vía pública. “Padrón non pode seguir tolerando o abandono de lixo na vía pública por parte de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.