Núñez Feijóo confirma a súa candidatura para presidir o PP e asegura estar preparado para gañar a Pedro Sánchez

02 Marzo 2022

O presidente da Xunta e líder do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ratificou este mércores o que no partido dábase por feito desde hai días: optará a liderar o PP no congreso extraordinario de Sevilla dos días 1 e 2 de abril.

“Se hai do que non dubido é que o PP ten un gran futuro por diante. Faremos o que debemos, remontaremos e seremos o PP que España confiou, o que España necesita e polo que España está a esperar“, manifestou Feijóo durante a Xunta Directiva do PP galego, á que pediu “autorización” para presentar a súa candidatura á Presidencia do PP.

Dá o paso aclamado polas principais voces do PP nacional e tras afirmar el mesmo que faría o que lle “pedise” a súa formación. Faio, ademais, un día despois de celebrar os 13 anos da vitoria que o 1 de marzo de 2009 devolveulle a Xunta ao PPdeG tras unha lexislatura na oposición.

BERROS DE “PRESIDENTE, PRESIDENTE!”

O anuncio do mandatario galego de dar o salto á política nacional foi recibida cun longo aplauso e o berro unánime de “Presidente, Presidente” dos preto de 500 asistentes á Xunta Directiva que se celebra no hall do Multiusos Fontes do sar de Santiago.

Ciudad, dixo un emocionado Núñez Feijóo, “onde conflúen todos os Camiños e é aquí onde tiña que anunciar a miña decisión”, que asegurou “dubidei ao tomar, pero que teño clara”.

De feito, un dos momentos máis rotundos do seu discurso foi no que repetiu ao comezo de cada frase a afirmación de dubidar á hora dá dar este paso, para confirmar que “o fago porque creo que estou preparado para liderar o proxecto do Partido Popular en España“.

Proxecto que marca como obxectivo conquistar o Goberno de España xa que tamén foi claro ao afirmar que “non veño aquñi a insultar a Pedro Sánchez, veño gañar a Pedro Sánchez, e creo que o podo conseguir”, nunha clara referencia ás súas intencións de pugnar co líder socialista para chegar á Moncloa, unha vez sexan convocadas as Eleccións Xerais.

Aínda que, antes, quedará o Congreso Extraordinario de Sevilla no que, a falta de confirmar que haxa máis candidaturas, parece que a de Alberto Núñez Feijóo conta co aval maioritario do partido para eririgirse no novo Presidente do Partido Popular.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.