Nova edición impresa de Código Cero. Revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia que chega o número 224

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter. Sempre de balde.

Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ao fenómeno maker, á CITIC Cyber Competition e ao segundo encontro CIBER.gal. Tamén abordamos os seguintes temas:
– As JAI recuperan a presencialidade
– A ESEI de Ourense ponse na vangarda formativa en materia de emprendemento
– Fernando Suárez achéganos ás vertentes máis positivas (e negativas) das redes sociais
– Lois Orosa, novo director do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)
– Volve Tecnolog@ por un día con máis de 50 prazas a disposición da nova canteira TIC galega
– AMTEGA achega 18 millóns de euros a medidas contra a ciberdelincuencia
– Operadoras e administracións comparten as súas últimas novidades en cobertura
– A revolución Maker faise forte en Galicia
– ITG presenta unha tecnoloxía para detectar artefactos explosivos
– Colle pulo na Tecnópole un aceleradora de internacionalización: Galicia Avanza
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Avanza a presenza da nosa cultura nos novos formatos e nas novas canles de información