Cultura da Pobra realiza o sorteo dos 50 agasallos da nova edición de “As Sete Rosalías”

04 Marzo 2022

O Concello da Pobra, a través da área de Cultura, celebrouse este venres 4 o sorteo dos 50 agasallos que depara o xogo-concurso As Sete Rosalías a todas as crianzas que superaran os retos que se propuñan. A recompensa consistiu na entrega de cadansúa botella térmica serigrafada.

Foto conxunta no Salustiano Rey Eiras coas mans inocentes do sorteo

A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal volveu apostar por esta actividade con motivo do Día de Rosalía de Castro, que se conmemora no 23 de febreiro, debido á acollida que tivo o ano pasado, ademais de “que constitúe unha maneira de achegarlles ás crianzas a figura da intelectual galega dun xeito didáctico e cun compoñente lúdico, dirixida, concretamente, ao alumnado dos colexios Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú Sierra”, explicaron este venres a edil da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e a técnica municipal desta área, Fita Sanisidro.

Foto conxunta do Pilar Maestú Sierra

Segundo fixeron saber, o formato foi o mesmo có da anterior edición: consistiu en atopar varias siluetas recortadas coa forma de Galicia que contiñan no seu interior o rostro de Rosalía acompañado de versos seus e puideron participar todos aqueles nenos e nenas pobrenses con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos que contasen cun dos impresos repartidos. As pezas estiveron expostas nos escaparates de diversos establecementos da localidade dende o día 11 ata o día 25 de febreiro.

O desafío residía en buscar as 7 versións diferentes da imaxe que ilustraba o cartel que promovía a efeméride e, unha vez atopadas, anotar no folleto cal era esa diferenza e en que instalación se situaba. De superar o reto, debíanse entregar os impresos debidamente cubertos cos datos requiridos nos centros de ensino xa mencionados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.