CONGALSA e JEALSA implícanse na segunda edición do programa Empresa Familiar nas Aulas

09 Marzo 2022

As empresas da nosa comarca CONGALSA e JEALSA confirmaron a súa participación na segunda convocatoria do programa Empresa Familiar nas Aulas, unha iniciativa da Asociación Galega da Empresa Familiar e de Afundación (Abanca) cuxo obxectivo é fomentar o emprendemento da mocidade a través de faladoiros con 15 empresarias e empresarios familiares dalgunhas das compañías de propiedade familiar máis relevantes de Galicia. O proxecto inclúe visitas das rapazas e rapaces ás empresas e a participación na II edición do Concurso Imaxina a túa Empresa, que permite ao alumnado enrolarse nun labor concreto de emprendemento en calquera sector. Nesta edición do programa concorreron 500 estudantes de Secundaria, Bacharelato e FP de 15 centros educativos de toda Galicia.

“Estamos diante dun dos proxectos máis motivadores da Asociación Galega da Empresa Familiar, que permite aos nenos e nenas coñecer o funcionamento dunha grande empresa da súa comarca e, a nós, divulgar a cultura do emprendemento” explica Víctor Nogueira, presidente da dita asociación, que engade que “reforzar o coñecemento académico relacionado coa empresa, espertar a vocación profesional e abrir horizontes laborais, algo fundamental para o futuro do tecido empresarial galego”.

Pola súa banda, Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación, puxo de relevo que “para Afundación é un pracer participar no programa Empresa familiar nas aulas. É moi gratificante comprobar o bo resultado deste proxecto, que, ademais, reforza a importancia do compromiso, do esforzo e da responsabilidade, valores que subscribimos”.

O programa comezou 4 de marzo no CPR Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela, cunha clase maxistral de Julio Simarro, director comercial de CONGALSA, empresa alimentaria da Pobra do Caramiñal. Durante os meses de marzo e abril concéntranse as clases dos empresarios máis as visitas dos estudantes ás empresas, para logo preparar os traballos de cada grupo que concursará en Imaxina a túa Empresa.

No programa Empresa familiar nas aulas deste curso participa o empresariado e a directiva das empresas Altia (A Coruña), Babé y Cía (Vigo), Pérez Rumbao (Ourense), Nogar (Marín), Aresa (Lugo), Aceites Abril (Ourense), Aluminios Cortizo (Padrón), Lodiel (Moaña-Cangas), Terras Gauda (O Rosal), Gadisa-Grupo Tojeiro (Betanzos), Revi (Ourense), JEALSA (Boiro), CONGALSA (A Pobra do Caramiñal) e Severiano Servicios Móviles (As Pontes).

A lista de colexios, institutos da ESO e institutos de FP participantes está integrada por, IES Castro da UZ, IES Rafael Puga Ramón e colexio Maristas de Vigo; colexio Divina Pastora, SEI San Narciso, colexio Divino Maestro e colexio Maristas de Lugo, Ourense e Vigo, colexio San José de Cluny, IES Rodeira, IES A Sangriña, IES Francisco Aguiar, CIFP A Carballeira-Marcos Valcácel e CPR Manuel Peleteiro. Todos os centros e estudantes participantes contarán cunha guía didáctica que contén unha serie de orientacións e recursos relacionados coa empresa familiar e o emprendemento, así como premios por participar no programa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

“Pedro Sánchez e Israel”. José Antonio Constenla

Lo último de Pedro Sánchez, convertido en agente propagandístico de Hamas,es tachar a Israel de “Estado genocida”. Más allá del estruendo mediático, lopreocupante no es tanto la acusación en sí, sino lo que representa, porque esun gesto diplomático de enorme calado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.