Condenado por manosear e chupar a orella dunha veciña no ascensor do seu domicilio en Ribeira

22 Marzo 2022

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, condenou a un veciño da localidade de Ribeira ao pago dunha multa de 3.960 euros por abusar sexualmente dunha das súas veciñas dentro do ascensor do edificio.

Os feitos producironse en xullo de 2019 cando, segundo recolle a sentenza, ambos se subiron ao ascensor “pedindo o acusado que lle dese un abrazo, ao que accedeu a prexudicada por ser coñecidos desde hai moito anos e manter unha relación de amizade e veciñanza desde hai moitos anos”

Momento no que, segundo recolle como feito probado a mesma sentenza, “o acusado agárraa fortemente polas nádegas, lle mordisquea na zona do pescozo e lle lame o lóbulo da orella dereita á vez que tentaba darlle bicos, ata que ela apartouno cos brazos, momento en que conseguiu saír do ascensor”.

Aínda que durante o xuízo o acusado deu outra versión ben distinta, ao asegurar que “se deron un abrazo e deulle un bico na fronte que denominou cariñoso, negando que a collese polo cu a , nin tampouco lle dese mordisquitos na orella e afirmando que non empregou forza e que todo foi un malentendido”.

Versión que contradi o relato da vítima á que o Tribunal dá verosimilitud e xunto co testemuño do pai da vítima, que na vista do xuízo asegurou que a nova lle contou o ocorrido xusto despois de producirse, nun estado de ánimo moi alterado, do mesmo xeito que as probas periciais que demostraron as secuelas psíquicas sufridas pola nova, o que que conlevou a sentenza condenatoria para o acusado.

Desta forma, condénaselle “como autor dun delito consumado de abusos sexuais do artigo 183. 1 e 3 do Código penal, concorrendo a circunstancia agravante de abuso de superioridade do artigo 22.6 do Código penal, á pena de 22 meses de multa, cunha cota diaria de 6 euros e coa correspondente responsabilidade persoal subsidiaria do artigo 53 do Código penal para o caso de falta de pagamento da mesma, dun día de privación de liberdade por cada 2 cotas diarias non satisfeitas”, o que suma unha multa de 3.960 euros.

Ademais, impónselle “a prohibición de aproximarse a menos de 200 metros da nova, ao seu domicilio, lugar de traballo e domicilio dos pais e a prohibición de comunicarse con ela, todo iso, por un prazo de catro anos”.

Ademais da multa o condenado deberá abonar á vítima unha indemnización de 5.000 euros “atendendo a que se inclúe na mesma os días curación por ansiedade reactiva (44, dos cales 43 son de prexuízo básico e 1 de prexuízo moderado), e valórase o tipo de abuso, a idade da vítima, e o grao de afectación na súa estabilidade emocional e psíquica..”.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.