Comeza a tempada de pesca fluvial

20 Marzo 2022

A nova tempada de pesca en augas continentais comezou hoxe oficialmente na meirande parte dos ríos da Comunidade para os máis de 41.000 afeccionados galegos que contan este ano con licenza en vigor.
Con motivo da primeira xornada hábil para a pesca da troita, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo, o tenente de alcalde de Begonte, Luis Luaña, a entidade colaboradora de pesca Asociación Deportiva Río Ladra e os axentes e vixiantes medioambientais da zona, visitou esta mañá un tramo do río Ladra ao seu paso por ambos municipios lucenses, desde onde se referiu aos aspectos máis destacados da campaña 2022.
Así, explicou que, no caso da troita e tamén con carácter xeral, a tempada de pesca en Galicia estenderase ata o 31 de xullo, tal e como figura na orde publicada o pasado mes de febreiro e na que se recollen as normas que rexerán este ano para as distintas especies ictícolas das augas continentais galegas.
A directora xeral subliñou que ao igual que a tempada pasada, os luns serán inhábiles para pescar, agás festivos nacionais ou autonómicos. Os xoves serán hábiles unicamente para a modalidade de pesca sen morte en todas as masas de auga, excepto o 14 de abril (Xoves Santo), durante o que se poderá exercer a actividade segundo a modalidade de pesca autorizada en cada couto.
En canto aos datos da nova tempada, Belén do Campo subliñou as 41.225 licenzas de pesca tramitadas nas catro provincias, un dato superior ao de 2021 —cando a cifra foi de ao redor de 37.000 en toda Galicia— e que resulta indicador da “volta á normalidade” neste sector tras dous anos marcados pola covid.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.