Amicos vístese de morado para celebrar o 8M

03 Marzo 2022


A asociación Amicos compartiu o seu programa de actividades para celebrar esta semana o Día Internacional da Muller, o 8M. Trátase da Semana Morada de Amicos, que irá adicada ás deportistas paralímpicas, que serán entrevistadas pola comunidade de Amicos e de centros escolares externos á asociación (dos que forman parte algúns dos nenos do Centro de Educación Especial). A organización inclusiva da nosa comarca dará visibilidade ás accións previstas a través das redes sociais (Instagram, Facebook, Twitter, LinkedIn e Youtube) con pequenas entrevistas e xogos.

As deportistas que se prestaron para realizar a actividade, con grandes éxitos ás súas costas, son: Desirée Vila, atleta paralímpica de atletismo adaptado; Susana Rodríguez, campioa paralímpica de triatlón adaptado; Eva Moral, prata no Campionato Mundial de triatlón adaptado; Miriam Martínez, subcampioa paralímpica de atletismo adaptado; e Adiaratou Iglesias, bicampioa paralímpica de atletismo adaptado.

Ademais das entrevistas por escrito, dende o Centro de Educación Especial organizouse unha entrevista por videochamada, realizada polos propios nenos, con Desirée Vila. Esta será publicada en redes o martes 8.

Amais, no Centro de Atención Integral de Amicos realizaranse diferentes actividades durante o luns 7 e martes 8 (saídas en comunidade, realización de traballos manuais, investigación sobre a vida das deportistas…).

Amicos tamén informou da súa adhesión á campaña baixo o título Dá a cara pola igualdade, organizada por FADEMGA. Coa campaña búscase mostrar casos concretos de éxito a través de fotos ou vídeos de
mulleres con discapacidade intelectual, onde sexan elas as que expliquen os logros que conseguiron na súa vida en materia de autonomía, emprego, vivenda en comunidade, educación…

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.