Ambar presenta este venres as actividades do seu 40 aniversario

29 Marzo 2022

Este venres 1 de abril, véspera do Día Internacional das persoas con Autismo, a Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional celebra unha xornada para presentar o seu 40 aniversario. A presentación comezará as 12 da mañá e desenvolverase no interior do centro de recursos co que conta a entidade en Frións, Ribeira.

A este acto, encabezado por Milagros Rey, presidenta de Ambar; asistirán representantes dos concellos da comarca.

Ambar baixo a consigna de impulsar vidas independentes na comunidade, presentará a súa proposta de valor sobre a diversidade funcional, resultado do plan estratéxico 2021-2023. E expoñerá as distintas actividades que se realizarán para conmemorar os seus 40 anos de traxectoria. A primeira delas terá lugar o vindeiro sábado 9 de abril en horario de mañá-mediodía na cidade de Ribeira.

Cronograma do evento

12:00h Recepción

12:10h Rolda de prensa.

13:00h Fin do evento

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.