Ambar amplifica a súa aposta polo emprego coa incorporación dun espazo no Coworking da Pobra

30 Marzo 2022

A Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional iniciou a primavera reforzando a súa presenza na comarca e os seus recursos. En concreto, vén de anunciar un novo espazo de seu no Coworking da Pobra do Caramiñal, onde desenvolverá distintas accións e programas da área de emprego da entidade, entre os que se atopa o programa de emprego para mulleres. A este espazo súmaselle a recente incorporación dos Viveiros de Empresas de Ribeira e Porto do Son e da Casa da Cultura de Boiro.

Con estas accións, Ambar quere impulsar a súa área de emprego e diversificar os seus recursos na comarca para dar servizo a aquelas persoas así o desexen. Ángeles Sampedro, técnica de emprego da asociación, será a encargada de prestar os servizos de asesoramento e sesións individualizadas ás persoas beneficiarias dos proxectos e servizos de Ambar.

40 anos, impulsando talentos diversos

Dende os seus comezos Ambar tivo como obxectivo “favorecer a inclusión laboral das persoas con diversidade funcional”. Tanto no antigo Centro Ocupacional do Polígono de Xarás como no que conta na actualidade en Frións, ambos emprazamentos situados en Ribeira, impartíronse distintas formacións no eido artesanal que facilitaron que as persoas participantes puideran crear os seus propios obradoiros e optar a diferentes oportunidades laborais. 2006 foi a data na que se levou a cabo a primeira formación en toda Galicia sobre asistencia persoal. Nos últimos anos Ambar lanzou o proxecto iWork de emprego inclusivo, pioneiro en toda España, que impulsa unha cultura empresarial innovadora. Na actualidade, estanse desenvolvendo varios proxectos e servizos de emprego entre os que se atopan, o servizo de orientación laboral da entidade; as formacións sobre industria alimentaria e comercio financiadas pola Fundación ONCE; as conferencias con empresas inclusivas; e agora a incorporación aos Viveiros de empresas de Ribeira e do Porto do Son e ao Coworking da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.