Amas de Casa de Ribeira convoca unha mobilización este venres en solidariedade co pobo ucraíno

03 Marzo 2022

A entidade Amas de Casa de Ribeira emitiu un comunicado no que mostra o seu total rexeitamento a “calquera tipo de violencia” en relación á invasión rusa en Ucraína, pobo ao que a asociación amosa o seu apoio e a súa solidariedade. “Queremos manifestar a nosa enérxica repulsa aos feitos acontecidos”, declaran as Amas de Casa de Ribeira, engadindo que baixo o seu punto de vista “é incríbel que en pleno século XXI sigan acontecendo este tipo de afrontas coas perdas humanas que isto carrexa, así como ou éxodo masivo de familias atemorizadas cun futuro incerto”.

E engaden: “Pedimos a paz en tódalas nacións do mundo e que os nosos gobernantes tomen as medidas para evitar toda esta incerteza mundial e ao mesmo tempo apoien ó pobo ucraíno que ten que abandonar ou seu país e a súa vida feita con moitos sacrificios, con todo ou que isto representa”.

Por todo o devandito a asociación convoca a toda a cidadanía de Ribeira e do Barbanza a unha concentración este venres (ás 20.00 horas) na praza do Concello da cidade.

A capital Kiev bombardeada nunha imaxe de RTVE

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.