Airiños agasállanos cun menú literario e escénico de Veladas de Primavera

25 Marzo 2022

En Asados, o histórico grupo de teatro Airiños organiza esta tempada as Veladas de Primavera, en colaboración co Concello de Rianxo. Será un programa de actividades culturais, creativas e, sobre todo, escénicas, todas elas co nexo común de escorrentar a adversidade e despedir o inverno (os invernos que nos asolan nas súas múltiples manifestacións) con literatura e o poder da palabra. As actividades, todas elas en abril, levaranse a cabo polas tardes nos Grupos Vellos de Asados.

– Sábado 2 de abril, ás 20.00 horas, presentación do libro Irmandiñas de Aurora Marco acompañados da música de Barahunda

– Domingo 3 de abril, ás 19.00 horas, representación de Cataturxia polo Grupo de Teatro Airiños.

– Venres 8 de abril, ás 21.00 horas, Botámoslle uns contos polo Grupo de Teatro Airiños.

– Sábado 9 de abril, ás 19.00 horas, Contos infantís polo Grupo de Teatro Airiños.

– Domingo 10 de abril, ás 19.00 horas, Monólogo Complexo de Edipo da man de Quico Cadaval. Entrada 5 €.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.