Aberto ata o 8 de abril o período de matrícula nas escolas infantís para o primeiro curso no que que serán gratuítas para todos os nenos

23 Marzo 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou hoxe a escola infantil Galiña Azul de Porto do Son, para lembrar que está aberto o prazo para solicitar praza nunha escola infantil da Xunta para o vindeiro curso, o primeiro no que serán 100% gratuítas para todos os nenos; “converténdonos así,
na primeira comunidade autónoma cunha educación infantil universal”, precisou. O representante do Goberno galego lembrou que os interesados teñen ata o 8 de abril de 2022.
Trenor subliñou que nun momento en que os galegos teñen que facer fronte a moitas dificultades é unha axuda moi importante que o custe da educación infantil nesta comunidade sexa cero para todos so fillos. Neste senso, recalcou que para poder garantir esta gratuidade a Xunta reserva un investimento de 30 millóns de euros, para beneficiar a máis de 30.000 familias.
O delegado da Xunta lembrou que con esta medida “a nosa comunidade convértese na única na que un neno pode pasar por todas as fases do ensino, desde infantil ata o bacharelato, sen que os pais teñan que desembolsar nin un só euro”. Trenor recalcou que “o Goberno galego seguirá comprometido cunha terra con máis oportunidades, con máis servizos e con máis axudas para as familias.”
Así, a Administración autonómica galega está a levar, por exemplo, unha atención 100% gratuíta aos concellos máis pequenos, co obxectivo de rematar o 2022 con máis dun centenar de casas niño; e foi a primeira en poñer en marcha unha Lei de impulso demográfico que garante, ao máximo nivel normativo, o acceso á educación infantil para todos os nenos.

O representante do Goberno galego agradeceu aos traballadores públicos da Xunta, que fan posible que as familias non teñan que facer ningún trámite adicional para acceder á gratuidade; ás entidades e empresas que xestionan escolas infantís, que no 99% dos casos accederon a implantar a gratuidade; e, tamén, aos concellos, que teñen a oportunidade de ofrecer a gratuidade nas escolas da súa competencia, a cambio de que a Xunta asuma o 100% do prezo que antes pagaban as familias e sen ningún custe extra
para as arcas municipais.
Trenor rematou reiterando a petición do Goberno galego ao Goberno de España que cofinancie a gratuidade da educación infantil, tal e como se comprometeu ao comezo da lexislatura.

Outros artigos

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

+

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

La situación de Ribeira es alarmante, no es un robo casual, la casualidad es cotidiana, los siete días de la semana, los 30 días del mes. Los coches no solo son asaltados en la calle, son asaltados dentro de los garajes privado, debajo del domicilio. La policía los...

“Las cartas que unían familias”. José Castro López

“Las cartas que unían familias”. José Castro López

El cierre del servicio estatal de correos en Dinamarca con más de cuatro siglos dehistoria es una de esas noticias que quedan eclipsadas por la rabiosa actualidad. Sinembargo, su significado es profundo. No se trata solo de una reestructuración logísticade los...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.