A Pobra envórcase co pobo ucraíno organizando varios eventos solidarios

29 Marzo 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal e o tecido asociativo local suman forzas para amosa-la súa
solidariedade co pobo ucraíno. Neste senso, organízase unha serie de actuacións solidarias para recadar fondos que irán destinados a organizacións especializadas que traballan sobre o terreo para contribuír
á adquisición dos recursos que se precisen, seguindo así as recomendacións de diversas entidades.
Na presentación desta iniciativa estiveron presentes o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); e representantes de diferentes asociacións culturais da localidade: Mariló Ríos (Eiradela), Rosario Rodríguez (Asociación Amas de Casa), María González (Xiada), Eva Boo (Arrancadeira) e Rafa Figueroa (Banda Ateneo Musical e Escola de Música da Pobra).
O epicentro destas accións solidarias será o teatro cine Elma, onde se porá á disposición unha urna onde as persoas asistentes poidan face-lo donativo económico que consideren. As actuacións iniciaranse no 2 de abril, ás 20.00 horas, co festival tradicional que ofrecerán Arrancadeira, Eiradela, Xiada, Caramiñas, Trécola e Caraveiros. No día 3, ás 19.00 horas, será a quenda do teatro da man da Asociación Amas de Casa coa obra Un convento moi contento. E o festival de bandas desenvolverase no día 9, ás 20.00 horas, coa Banda da Escola de Música da Pobra e a Banda Ateneo Musical da Pobra.
A entrada é libre ata completa-la cabida. Ademais, segundo anunciou a edil Patricia Lojo, estase traballando para habilitar unha fila 0 para aquelas persoas que non poidan asistir, pero desexen igualmente face-la súa contribución. Unha vez se teña xa configurada esta opción, darase conta dela.

Mariló Ríos, como representante de Eiradela, manifestou que “supón un orgullo participar nun evento deste calibre para xuntar cartos para favorece-lo pobo da Ucraína” e animou a que a veciñanza se sume a este calendario solidario.
Finalmente, o rexedor, Xosé Lois Piñeiro, agradeceu a implicación de tódalas asociacións e insistiu en que o Concello pobrense condena a invasión por parte do exército ruso do territorio ucraíno.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Le vi triste, bajo un árbol” – Manuel Domínguez

“Le vi triste, bajo un árbol” – Manuel Domínguez

No era un día máis Yo le vi triste, bajo un árbol, a la sombra que este le regalaba. Hacia calor, mucho calor, le compre un helado de hielo, se lo pase por la boca y lo disfrutaba. Le pregunte que se volviera conmigo, no quiso, digo que sus amigos volverían por él...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.