A Pobra celebra o Día Internacional dos Monumentos cunha andaina cultural polas pegadas valle-inclanianas no concello

29 Marzo 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal vai celebrar o Día Internacional dos Monumentos e Sitios, o vindeiro 18 de abril, cunha andaina cultural e participativa para “redescubrir varios enclaves locais de interese, relacionados co ronsel valle-inclaniano”. A actividade, organizada pola Concellería de Cultura, foi dada a coñecer nos seus detalles pola edil da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), acompañada de persoal municipal adscrito ao Museo Valle-Inclán, Araceli Abad e Dolores Devesa.

A dita cita cultural terá lugar no 3 de abril, a partir das 11.30 horas. Segundo informaron, elixiuse esta data “para así non solaparse con outras actividades xa programadas pola Semana Santa”.

O percorrido comezará na igrexa de Santa María A Antiga do Caramiñal para, deseguido, achegarse ata a Torre de Xunqueiras, a praia dos Areos e concluír a travesía no Museo Valle-Inclán. A duración aproximada é de 45 minutos e a dificultade é baixa. Contarase coa colaboración da Deputación da Coruña e da Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe.

A actividade é de balde e as persoas interesadas en participar deben inscribirse no teléfono de contacto 981 831 662.

Outros artigos

Arrinca a campaña “De Pobra a Portosín, tapeando polo mar”

Este venres 16 de maio arrancou a iniciativa De Pobra a Portosín, tapeando polo mar, organizada polas asociacións de empresarios da Pobra e Azul de Portosín e a de hostalería de Ribeira, coa finalidade de poñer en valor os produtos do mar da zona, dinamizar o comercio...

+

A Orquestra Sinfónica de Galicia soará novamente en Ribeira

Este venres 16 de setembro celebrouse en Ribeira a presentación dun concerto que fará as delicias dos amantes da música clásica. Asistiron o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta e a concelleira de Cultura, Antía Alberte. No marco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.