A Mancomunidade Barbanza Arousa convoca ao sector empresarial para participar en mesas de traballo

24 Marzo 2022

A Mancomunidade Barbanza Arousa convocará nos vindeiros días a todas as empresas do sector turístico do territorio para a súa participación nas mesas de traballo previas á solicitude dos Plans de Sustentabilidade Turística convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.
As mesas de traballo desenvolveranse por duplicado, en dúas xornadas, para que os participantes poidan elixir data e lugar máis conveniente . A primeira delas celebrarase o luns día 4 de abril ás 17:30h no Auditorio do Museo Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal e a segunda o mércores 6 de abril ás 09:30h no Viveiro de Empresas do Concello de Boiro.
Desde a Mancomunidade estase a realizar un gran esforzo por tratar de chegar a todas as empresas que estean interesadas en participar nestas xornadas. O enderezo de correo electrónico info@barbanzarousa.gal atópase dispoñible para recibir inscricións daquelas empresas interesadas.
Así mesmo, desde a Mancomunidade enviouse a todas as empresas unha enquisa online para que poidan transmitir o seu parecer sobre diversos aspectos turísticos do territorio.
Espérase que en próximos días se inicie a convocatoria extraordinaria dos Plans de Sustentabilidade Turística, incluídos no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Estado, que nesta ocasión teñen como temática a enogastronomía.

Museo Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.