A función “Comando comadres” chega ao Elma da Pobra este 12 de marzo

08 Marzo 2022

A compañía Matrioshka Teatro levará ao teatro cine Elma a función Comando comadres. Organizada pola Concellaría da Normalización Lingüística da Pobra do Caramiñal, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG), e financiada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta (RDL), celebrarase o 12 de marzo, ás 20.00 horas.

Trátase dun espectáculo en clave de humor, no que un grupo de artivistas organizadas en diferentes comandos poñen en evidencia as múltiples manifestacións da violencia patriarcal e cuestionan a persistencia do seus valores no pensamento hexemónico actual.

As reservas de balde pódense formalizar a través do teléfono de contacto 685571058.

Esta actividade atópase enmarcada na programación posta en marcha na localidade con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora no 8 de marzo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...