A Festa da Chuvia contará na súa edición rianxeira con dez grandes bandas da nosa terra

28 Marzo 2022

Volve a Festa da Chuvia e faino ademais pola porta grande (con dez bandas de impacto) e constatando unha capacidade para reconverterse e adaptarse a novos formatos da que non pode presumir case ningún outro festival musical. Agora, despois dos obrigadas parénteses motivadas pola COVID, iníciase unha colaboración co Concello de Rianxo que promete dar moito que falar (e que escoitar). A festa celebrarase en dúas quendas. A primeira será o sábado 9 de abril, en formato “terra firme”, e a segunda o domingo 10, en formato acuático (cun barco que levará a troula até o medio e medio da ría).

Respecto da primeira quenda, a do sábado, segundo confirmaron os organizadores (o ribeirense Suso Bello e a súa banda A Compañía do Ruído), contará coa presenza de Canción Desastre, Os Bar Ban Sónicos, Grampoder, Broa, Machina, Banda de Gaitas Buxaina, Chamaquito Pistolas, Boroa, Radio Zapa e Tecor Societario. O programa, amais de música, inclúe unha Xinkana Poética Rianxeira e máis un Obradoiro Millo Verde. Asemade, a operadora de telecomunicacións ribeirense Toxo Telecom confirmou que fai fretar un autobús para carrexar aos seareiros a Rianxo (o Toxobús). O evento tamén contará coa importante colaboración da Cafetería Castelao, en Rianxo, que se comprometeu a alimentar aos asistentes cunha paella. A organización da Festa da Chuvia informou de que a viaxe de ida e volta facilitada por Toxo, a consumición e o prazo de paella terá un custe de só dous euros. O Toxobús fará escalas en Ribeira (ás 10.00 horas), en Palmeira (ás 10.30 horas), na Pobra do Caramiñal (ás 10.40 horas) e máis en Boiro (sobre as 10.50 horas).

Outros artigos

Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres extraordinarias que dedicaron as súas vidas a unha profesión fundamental para a nosa comunidade: o marisqueo. O concelleiro de Mar, Fernando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...