A Deputación da Coruña ilumínase de azul e amarelo

03 Marzo 2022

A sede provincial da Deputación da Coruña iluminouse coas cores da bandeira da República Popular de Ucraína, azul e amarelo, “en sinal de apoio ao pobo ucraíno e condena da agresión rusa”.

O ente provincial aprobou no pleno do pasado venres unha declaración institucional co seu rexeitamento á agresión de Rusia a Ucraína e solicitando o inmediato alto ao fogo e a retirada das tropas rusas do seu territorio. No texto tamén se demandou o respecto ao dereito internacional, aos dereitos humanos e aos Acordos de Minsk.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, sinalou a “condena unánime da corporación provincial ao ataque por parte de Rusia a Ucraína”, que supón “unha clara violación do dereito internacional” e “un ataque frontal aos principios e valores democráticos europeos”.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...