Un home foi atropelado polo seu propio vehículo na Pobra do Caramiñal

22 Febreiro 2022

Un home resultou ferido esta tarde ao ser atropelado pola súa propia furgoneta no lugar da Ribeiriña, na Pobra do Caramiñal.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, o vehículo esmagou ao home contra unha parede e feriuno nun brazo. As causas do atropelo apuntan a un fallo no freo de man do vehículo.

O accidente ocorreu uns minutos antes das cinco. Foi, a esa hora, cando o 112 Galicia recibiu a alerta dos feitos a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Decontado, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Pobra do Caramiñal e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.