
Unha función teatral celebrada no Auditorio de Ribeira foi un dos actos desta mañá
organizados polo Concello para conmemorar o Día de Rosalía. O patio butacas encheuse de nenos e nenas de 5º de primaria para asistir á representación de “Rosalía” de Culturactiva, baixo a
dirección de Fina Calleja e con Rocío González e Cristina Collazo como actrices.
Ademais de conmemorar o 185 aniversario do nacemento da poeta de Padrón, o espectáculo serviu tamén para render homenaxe á memoria de Pedro Brandariz, cómico falecido onte e que ten actuado
en multitude de ocasións no termo municipal ribeirense, a última delas o último 22 de decembro dentro da programación de Nadal.
O acto terminou coa lectura en común dos versos da autora e co público coreando “Parabéns para ti”.
Visita ao Lustres Rivas. Ademais, no marco do programa conmemorativo, 52 nenos e 4 mestres do colexio Heroínas de Sálvora de Aguiño visitaron no Centro Cultural Lustres Rivas a exposición sobre os 100 anos da bandeira galega nun edificio institucional; concretamente, o Palacio Muicipal da Coruña.
Para as oito desta tarde está prevista unha lectura pública de textos de Rosalía na praza do Concello, que estará amenizada pola gaita do gaiteiro Alberto Millán, que comezará a súa actuación coa “Alborada
de Rosalía” e seguirá coas pezas de gaita máis representativas da nosa música tradicional.
