Rianxeira, recoñecida nos II Premios Mares Para Sempre de MSC polo seu compromiso coa pesca sustentábel

24 Febreiro 2022

Rianxeira, a gama de conservas do grupo boirense JEALSA, foi recoñecida na segunda edición dos Premios Mares Para Sempre organizados pola entidade internacional Marine Stewardship Council (MSC), organización sen ánimo de lucro que leva máis de 20 anos traballando para facer que a pesca sexa unha actividade sustentábel. O galardón, pertencente á categoría Gama de conservas MSC, foille concedido á conserveira galega este 24 de febreiro en Madrid. A entidade internacional salientou a aposta destacada de Rianxeira a prol do medio ambiente e a economía circular, con máis de 30 referencias e materializada a través do programa corporativo We Sea.

En palabras de Ángeles Claro, directora de sustentabilidade de JEALSA e do programa We Sea, “é toda unha honra recibir esta distinción por parte dunha organización de referencia no sector da pesca e a responsabilidade co medio marítimo como é MSC. Estamos felices e moi agradecidos porque se recoñezan todos os esforzos levados a cabo desde JEALSA a través do noso programa We Sea para ofrecer aos consumidores a gama de conservas sustentábel máis completa do mercado grazas a Rianxeira”.

Pola súa banda, Laura Rodríguez, directora de MSC España e Portugal, afirmou que esta entrega de premios é un “recoñecemento ás empresas e outras entidades que contribúen ao avance da pesca sustentábel en España e que reflectimos en 11 categorías. Elixir estes premios foi difícil, xa que máis de 300 empresas participan no noso programa en España, e son moitas as que están a facer un gran labor”.

Para conceder os premios das diferentes categorías, tivéronse en conta tanto parámetros cuantitativos como que exista unha política de pesca rigorosa e que se traballe colaborativamente unindo departamentos de compras, sustentabilidade e comunicación.

Fontes de Rianxeira salientaron moito positivamente a obtención deste recoñecemento, logo de anos de esforzos en innovación, transparencia e coidado dos recursos mariños, un compromiso que se materializa en boa media a través do programa de Responsabilidade Social Corporativa, We Sea, a mediante o cal establécense rigorosos controis que garanten que toda a materia prima dos produtos da empresa boirense procede unicamente de actividades de pesca responsábel. De feito, todos os atúns e bonitos Rianxeira teñen orixe en métodos de pesca sustentábeis e contan co selo azul de MSC, o estándar máis esixente do mundo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.