Pobra rende homenaxe a Rosalía de Castro cunha ofrenda cívica, unha mostra e un xogo-concurso

16 Febreiro 2022

Este 23 de febreiro é o Día de Rosalía de Castro e o Concello da Pobra do Caramiñal quixo sumarse novamente a esta importante celebración. Faino organizando varias propostas coas cales continuar co labor divulgativo da nosa poeta inmortal, tal e como explicaron a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e a técnica municipal desta área, Fita Sanisidro. Como novidade, instalaranse nos Xardíns de Valle-Inclán uns paneis informativos que fan un repaso pola biografía de Rosalía e amosan tamén fotografías súas.

Así mesmo, no propio día 23 efectuarase a tradicional ofrenda cívica na praza que leva o nome da escritora, ás 13.00 horas.

Impúlsase, ademais, unha nova edición do xogo-concurso As Sete Rosalías, co cal achegar ás crianzas a figura da intelectual galega “dun xeito didáctico e cun compoñente lúdico”, explicaron, salientando a boa acollida desta experiencia na edición do ano pasado e agradecendo a colaboración e disposición da trintena de locais participantes.

A dinámica, sinalaron, é a mesma cá do pasado ano: consiste en atopar varias siluetas recortadas coa forma de Galicia que conteñen no seu interior o rostro de Rosalía acompañado de versos seus. Lémbrase que estas pezas xa están expostas nos escaparates de diversos establecementos da localidade dende o día 11 e permanecerán ata o día 25 de febreiro. O desafío reside en buscar as 7 versións diferentes da imaxe que ilustra o cartel. Unha vez atopadas, será preciso anotar no folleto cal é esa diferenza e en que instalación se sitúa. Poden participar todos aqueles nenos e nenas pobrenses con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos que conten cun dos impresos repartidos nos colexios Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú Sierra. De lograren superar o reto, deben entregar os impresos debidamente cubertos cos datos requiridos nos centros de ensino devanditos. Sortearanse 50 lotes de agasallos entre tódolos cativos e cativas acertantes, no 4 de marzo.

Outros artigos

Arrinca a campaña “De Pobra a Portosín, tapeando polo mar”

Este venres 16 de maio arrancou a iniciativa De Pobra a Portosín, tapeando polo mar, organizada polas asociacións de empresarios da Pobra e Azul de Portosín e a de hostalería de Ribeira, coa finalidade de poñer en valor os produtos do mar da zona, dinamizar o comercio...

+

A Orquestra Sinfónica de Galicia soará novamente en Ribeira

Este venres 16 de setembro celebrouse en Ribeira a presentación dun concerto que fará as delicias dos amantes da música clásica. Asistiron o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta e a concelleira de Cultura, Antía Alberte. No marco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.