Outes axudará ás persoas emprendedoras a analizar a viabilidade dos seus proxectos e a impulsalos

03 Febreiro 2022

Dende a Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Outes comunican a posta en marcha dun novo proxecto de emprendemento dirixido a revitalizar o tecido económico e empresarial local, amais de achegar novas oportunidades de actividade laboral. O proxecto inclúe un plan de formación para as persoas emprendedoras ou para aquelas que queiran analizar a viabilidade dunha idea de negocio.

O proxecto tentará resolver as seguintes preguntas:

-Como analizar unha idea de negocio?

-Como identificar o mercado potencial dun proxecto?

-Como facer un estudo de viabilidade económica?

A iniciativa acompáñase a maiores dun plan de asesoramento personalizado para a elaboración do plan de negocio para as/os alumnas/os de ciclos de Formación Profesional.

As persoas interesadas nestes servizos de formación poden chamar ao teléfono do Concello (981 850 003) e preguntar por Carlos Rodríguez, ou ben enviar un correo electrónico a carlos.rodriguez@outes.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.