Os concellos terán que “aplicar restricións” se segue a seca segundo adianta a Xunta de Galicia

13 Febreiro 2022

A seca pode converterse nun problema esta primavera. Anunciouno esta xornada a conselleira de Infraestruturas e Mobilidad, Ethel Vázquez, quen advertiu de que se a situación de escasas precipitacións continúa, para as próximas semanas, deberanse “aplicar restricións” en servizos municipais como a rega e o baldeado de rúas.

Nunha entrevista na Radio Galega, Vázquez reclamou á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, que active xa o seu plan de seca e que faga un “seguimento exhaustivo” aos caudais dos ríos da conca e aos seus encoros.

A conselleira mostrou a súa preocupación porque esta demarcación hidrográfica atópase nunha situación “similar” á de Galicia Costa, sobre a que ten competencias a Xunta e na que o pasado luns Augas de Galicia activou a prealerta por seca. As tensións entre a Xunta e a Confederación non son novas e, de feito, empeoraron tras os episodios de secados de encoros de Iberdrola e Naturgy producidos este verán.

Foto Xunta

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.